Este viernes pusimos en marcha el mercadillo de libros para colaborar un poquito, como en cada curso, con la ONG Mutende http://www.mutende.es/ que tiene su "casa" en nuestra parroquia del Sagrado Corazón de Jesús. A casi cuatro meses de la pérdida de nuestro amigo Gándara no hemos querido dejar de hacerlo y más en este tiempo de Pascua. Los cristianos la Resurrección la sentimos en la vida diaria. La labor iniciada en las misiones de Kasempa y Kamakechi debe continuar. Es una manera de que a pesar de que Gándara ya no está en Zambia físicamente, continúe VIVO allí. Los alumnos mayores de Primaria realizaron la venta de libros a 1€ con gran entusiasmo. En total hemos recaudado 110€. GRACIAS
Objetivo Plan Marco
Queremos anunciar, de modo renovado, la novedad transformadora de la Buena Noticia de Jesús a toda la comunidad educativa, desde el carisma vicenciano, como proyecto de vida personal y comunitario, y como un compromiso por la justicia y con los más pobres.
Mostrando entradas con la etiqueta Gándara. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gándara. Mostrar todas las entradas
domingo, 11 de mayo de 2014
lunes, 5 de mayo de 2014
Mercado de libros para Zambia
Este viernes 9 de mayo por la tarde haremos el Mercadillo de libros que tiene como objetivos:
1. Recaudar fondos para la misión de Kasempa y Kamakechi en Zambia donde estaba Gándara como misionero.
2. Ilusionar a la ONG Mutende (parroquia del Sagrado Corazón de Jesús) para que continúe su labor de apoyo a una misión que continúa existiendo.
3. Hacer sentir a la comunidad escolar que podemos hacer algo por pueblos lejanos, en este caso Zambia.
4. Vivir de una manera práctica la Resurrección de Jesús. Gándara ya no vive físicamente pero sí en la misión de Zambia. De nosotros ahora depende que siga viviendo en aquello que comenzó con tantas ganas,
Pedimos a la comunidad escolar que aporten libros esta semana y su participación en la compra de libros la tarde del viernes.
miércoles, 15 de enero de 2014
Gándara
Los funerales por el Sacerdote Don José Manuel Bernárdez Gándara, serán el Sábado 18 (12:30 H) en San Paio de ALXÉN (Salvaterra de Miño), y el Lunes 20 (20:00 H) en la Parroquia del Sagrado Corazón de Vigo.
En este vídeo del programa A Sentinela de la RTVG podemos escuchar la última entrevista que se le hizo antes de emprender viaje a Zambia para comenzar su andadura en la nueva misión de Kamakechi. Una gozada escucharte y aprender de ti siempre, amigo Gándara. Gran discípulo de Jesús.
Hoy en Faro de Vigo http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/01/15/misionero-vigues-dejo-huella-zambia/947926.html
Hoy en RTVG http://www.crtvg.es/informativos/morre-en-zambia-un-misioneiro-vigues-733672#.UtbJdpLLzm4.facebook
martes, 14 de enero de 2014
Seguimos en comunión, Gándara
Trece años estuvo en Kasempa dando lo mejor de sí mismo a los más pequeños: leprosos, huérfanos por el SIDA, niñas sin estudios... Nos contó muchas cosas de allí: necesidades, proyectos, personas, celebraciones con cantos y bailes, palabras del kaonde.
Siempre acababa sus cartas con un "Seguimos en Comunión" y así lo sentíamos desde la Parroquia y desde nuestro colegio "Niño Jesús de Praga". Traducido, esto sigue y todos juntos, los de aquí y los de allá. Tenemos claro que seguiremos colaborando con sus misiones.
SU ÚLTIMA CARTA DESDE KAMAKECHI http://queremoscrearunmundodiferente.blogspot.com.es/2013/10/novas-da-mision-de-gandara-en-zambia.html
HOY EN FARO DE VIGO http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/01/14/fallece-misionero-vigues-bernardez-gandara/947298.html#EnlaceComentarios
http://infocatolica.com/blog/puertadedamasco.php/1401141002-jose-manuel-bernardez-gandara
http://www.agenciasic.com/2014/01/14/muere-un-misionero-espanol-en-zambia/
sábado, 19 de octubre de 2013
Novas da Misión de Gándara en Zambia
A visita de amigos ou familiares sempre me enche de ledicia. Faime sentir a cercanía do orixe, mata un pouco a morriña e trae o presente a forza da amistade. A visita de Suso Muñiz e Ignacio Albo (da Fundación Lusekelo) en plenos calores de outubro foi realmente un descanso para mín antes de trasladarme definitivamente a Kamakechi. Dado que tiñan poucos días, fomos primeiro a Livingstone a ver unas cataratass case vacías polo lado de Zambia (a auga neste mes cae polo lado de Zimbabue) pero sempre atractivas; e despois un safari polo parque de Chobe en Botswana ( a 50 kms de Livingstone) para ver as impresionates manadas de elefantes que nesta época se concentran cerca do río e son centos e centos os que alí se poden ver. Sen dúbida non hai sitio onde se vexan tantos elefantes xuntos, pero hai máis: xirafas, hipopótamos, búfalos, waterbucks, impalas, cocodrilos, kudus, sables (ou palancas como lles chaman os portugueses)…e un sinfín de páxaros. Vamos que o pasamos ben e a pesar do calor eu descansei ben.
A volta de Livingstone e camiño de Kasempa, Ignacio se tivo que volver por asuntos persoais xurdidos a última hora. Durmimos en Lusaka o xoves día 10 e o 11 deste outubro e ás 6:30 da mañá do 11 Suso e eu poñémonos na carretera para chegar a Kasempa polo camino máis curto: o que pasa por Mumbwa e polo parque do Kafue. Cruzamos o río Kafue a iso das 10:30 pasadas e estamos a uns 110 kms de Kamakechi. Polo tanto deberíamos chegar alí sobre a 1 da tarde para facer o xantar, xa compráramos a carne, o espageti e o resto das cousas. O calor iba subindo de graos, a carretera de grava é un enorme atallo desde Lusaka a Kasempa. Pola Copperbelt e Solwezi hai desde Lusaka a Kasempa 800 kms, pero por Munbwa hai só 425, dos que 270 son de terra). É unha carretera que uso a miudo e polo tanto non descoñecida, sei cales son as curvas perigosas, onde hai baches fondos, onde as pontes hai que atravesalas con coidado… todo iso o sabía e pasei por ahí incluso en plena estación de chuvias tomando as medidas pertintentes para evitar o máis mínimo dos problemas, pero ¿ qué me pasou neste día a iso das doce menos dez?
Me quedei durmido, e cando despertei coa voz de Suso o coche xa estaba fora da carretera, íbamos de frente a un pequeno árbore e din un voantazo para esquívalo e volvemos a carretera pero de lado, facendo un trompo. Todo foi moi rápido, eu case que non recordo nada. Me lembro da voz de Suso preguntando onde estaba eu, resulta que eu esaba debaixo del pegado ao voante. Saimos polo parabrisas como poidemos e sin saber qué fora o que realmente pasara. A sorte foi grande ( o panel solar que traiamos quedou intacto), a desgracia tampouco foi pequena. Nunca me pasara algo así de quedarme dormido ao voante. Botarlle a culpa a carretera (había un bache profundo por alí), a temperatura (estábamos rondando os 35 graos), ao cansancio (xa o día anterior fixeramos un boa kilometrada) non vai levarme a sitio algún. Tampouco sirve de moito o saber que a velocidade era duns 65 kms por hora. Terei que aprender do pasado, pois toda desgracia ou sufrimento ten leccións que nos poden servir para o futuro se as asumimos positivamente. Os golpes quedaron en pouco: Suso ten unha ferida no brazo esquerdo como resultado de romper a ventana, e eu dín contra a palanca de marchas e me doía un pouco o lado esquerdo da cabeza. Ahí tivemos realmente sorte.
Despois viu case o peor: as moscas de tódalas clases, sobre todo unas pequenas que lle chaman “tubulubulu” e que son realmente fastidiosas. Suso levou a peor parte pola ferida. Tiñamos bebida e iso nos refrescou nunha espera interminable. As horas pasaban e non viña coche algún. Xusto eses días era a ceremonia da tribu Kaonde e polo tanto poucos coches se podían esperar. Desde as 12 menos dez ata as 3 e media da tarde Suso e eu pasamos o tempo como poidemos. Eu xa non me lembro nin do que fixen. A iso das 3 e media tivemos que empezar a pensar na noite. Os ríos Kafue (que xa cruzáramos) e o Lunga (que está a 40 kms de onde tivemos o accidente) se cruzan en ferry e pechan as 6 da tarde. Polo tanto cabería a posibilidade de que non viñeran máis coches ou a forte probabilidade de que tiveramos que pasar alí a noite. Polo tanto empezamos a buscar leña, pois esa zona, Lupemba, é zona de moitós animais, hienas e leóns incluidos e polo tanto había que empezar a buscar defensa, e nada mellor que facer lume. Por suposto na zona non hai cobertura nin algo que se lle pareza. Para colmo ningún dos gardas dos parque pasou por alí naquelas catro horas interminables.
Finalemente viu un coche e poidemos mandar recado ata Jifumpa, ao pouco viu tamén un camión e iso aliviou a nosa angustia. Nos axudaron a poñer o coche de pe, e resulta que encendía! Pero a roda esquerda de atrás estaba completamente destrozada. Nisto viu outro coche co catequista de Jifumpa e de seguido viu o Land Cruiser d ministerio de sanidade de Kasempa e eles xa se tomaron o tema en serio o de levarnos a Kasempa. Primeiro pensábamos levar o coche ata o río Lunga, pero ao ver que podía seguir decidimos ir ata Kasempa. A parte final tivo que ser remolcado porque alguna tubería estaba rota. Chegamos a Kasempa e Suso puido ser atendido do brazo case 10 horas despois do accidente! Fixeronlle a cura en plan tan bruto que cando chegou a casa ainda se lle vei nos ollos todo o que sufrira. O día seguinte fomos a facer o chequeo médico, informes da policía e todo un montón de papeis que houbo que encher para case nada.
E todo isto cando me estaba recuperando do mazazo que supuxo a morte do catequista de Kamakechi, que decidiu poñer fin a súa vida por culpa dos celos da muller. Outro capítulo que merece comentario aparte. Eu estaba moi unido a él, era sen dúbida un dos pilares da nova misión e esa morte, ainda que eu xa sabía dos problemas, me deixou moi tocado por uns días.
Agora falta arranxar o coche. Básicamente é chapa e pintura o que necesita, pero iso aquí é caro, a ver si me botades unha man e damos arranxado o coche para entregarllo en boas condicións ao novo cura de Kasempa. O coche de Kamakechi xa está no país. Están arranxando os papeis. Estará listo nun par de semanas.
(escrito o sábado día 19 de outubro, víspera do Domund)
A vida é así e así hai que contala.
Unha aperta para todos e que o Señor nos acompañe sempre.
Seguimos en Comunión.
José Manuel Bernárdez Gándara
Kamakechi Mission
P.O. Box 120063
KASEMPA
ZAMBIA
lunes, 18 de marzo de 2013
Gándara nos presenta la nueva misión
jueves, 14 de marzo de 2013
Actividades Santa Luisa de Marillac
Recordamos a toda la comunidad escolar estas tres actividades para el viernes 15 de marzo, día de Santa Luisa de Marillac. Para los más pequeños la Tómbola Misionera en horario de 15,30 a 17 h. y a las 19,30 charla de X.M. Gándara y merienda a continuación para todos: profesores, familias, parroquia, vecinos... Ya tenemos el cartel en el patio para que nadie se olvide.
martes, 12 de marzo de 2013
Charla y merienda para Zambia
Estamos todos invitados a la Charla y merienda para Zambia que se celebrará este viernes 15 de marzo (día de Santa Lisa de Marillac) en nuestro colegio. Tendrá lugar a partir de las 19,30 de la tarde. Contaremos con la presencia del sacerdote misionero diocesano Xosé Manuel B. Gándara y de la ONG Mutende, que colabora con sus proyectos. Se persiguen estos objetivos:

Dos momentos:
- Conocer lo conseguido en la misión de Kasempa estos años y apoyar los nuevos objetivos de Gándara en Zambia.
- Celebrar el día de Santa Luisa de Marillac (fundadora de las Hijas de la Caridad).
Dos momentos:
- Primera parte: Logros durante estos años en la Misión de Kasempa y explicación de la nueva situación en la siguiente misión.
- Segunda parte: Merienda-cena: Bocadillo, agua y fruta (optativo). Precio 5€...
Esta charla está abierto a todo el que quiera acudir: miembros de la comunidad escolar, parroquia del Sagrado Corazón, vecinos de la zona, etc.
jueves, 26 de abril de 2012
Mercado de libros
Os informamos que la recaudación del Mercado solidario de libros ha sido de 250 euros. Se destinará a la ONG Mutende que trabaja desde la Parroquia del Sagrado Corazón de Jesús en colaboración con José Manuel Bernárdez Gándara, misionero diocesano en Kasempa (Zambia). El proyecto de Mutende con el que hemos decidido colaborar es el de Adquisición de Material Escolar. ¡¡¡GRACIAS A TODOS!!!
Aquí dejamos un enlace para saber más http://www.mutende.es/
También acompañamos esta entrada con la fotografía del cartel de la Campaña de bicicletas para Zambia que apoyó nuestra Parroquia del Sagrado Corazón de Jesús. Es un símbolo de trabajo juntos con fin común.
lunes, 23 de abril de 2012
Libros solidarios
Esta tarde, para celebrar el Día del Libro, se hizo una venta solidaria de libros. Cada uno había donado los ejemplares que ya no necesitaba en semanas anteriores. Hoy pudimos comprar el título que quisiéramos al precio de 1 €. Primaria ha ido pasando por el Mercado Solidario y las familias de Educación Infantil han hecho la compra con sus hijos. Cuatro alumnos de 4º de ESO se han encargado de la venta y la organización. Ha sido tal el éxito que repetiremos el miércoles por la tarde. Lo recaudado durante esta semana se entregará a la ONG Mutende que colabora con el misionero en Kasempa (Zambia) José Manuel Bernárdez Gándara.
jueves, 12 de abril de 2012
Mercado solidario de libros
El lunes 23 de abril pondremos en marcha el Mercado solidario de libros, colaborando los departamentos de Pastoral y Filología de nuestro colegio. El objetivo es doble; por una parte una labor de animación a la lectura y por otro lado aportar fondos al "Proyecto de Material Escolar" para Zambia colaborando con la ONG MUTENDE. Mutende significa “Paz” en lengua Kaonde de Zambia y se creó como cauce para hacer llegar nuestra ayuda al TERCER MUNDO, en Kasempa, en el centro de Zambia y a su vez poder desarrollar espacios de reflexión, aquí en el primer mundo.
Con esta humilde ONG, que se reúne en los locales de la Parroquia del Sagrado Corazón de Jesús, se consigue que todas las aportaciones que se hacen, vayan íntegramente a proyectos definidos, gestionados por nuestro amigo misionero del IEME, José Manuel Bernárdez Gándara. Él será nuestros oídos para escuchar todos sus problemas, nuestras manos para poder desarrollar todos los proyectos y hacer llegar las ayudas y nosotros seremos su voz aquí en el primer mundo, para hacer llegar la realidad de lo que pasa en un continente ignorado y olvidado por el resto de los países ricos.
Para poner en marcha el mercado pedimos a toda la comunidad escolar libros de todo tipo (infantil, adultos, en inglés...). Los recogeremos hasta el viernes 20 de abril en tutorías o secretaría.
lunes, 27 de febrero de 2012
Saludos desde Kasempa
Desde St. Andrew’s Mision.
KASEMPA. Zambia.
Febrero 2012
Queridos amigos,
Saludos de paz y bien desde Kasempa.
Un abrazo a todos.
Seguimos en comunión.
José Manuel B. Gándara
KASEMPA. Zambia.
Febrero 2012
Queridos amigos,
Saludos de paz y bien desde Kasempa.
En los tiempos que vivimos en los que la abundancia de cosas disminuye sin pausa, puede suceder que el enfado con nosotros mismos y con los demás nos impulse a buscar culpables por todas partes. Estábamos acostumbrados a la hartura y ahora, conformarse con menos no es una tarea fácil. Por eso pienso que buscar culpables y esparcir basura por todas partes no ayuda a tener la casa más limpia. Son grandes algunas lecciones que debemos aprender: vivir una vida más sencilla, sin ostentaciones insultantes, absurdas necesidades de “salir” cada fin de semana para “romper la rutina”, vestidos en abundancia, vacaciones a plazos.. tantas y tantas cosas que se podrían añadir.
Tal vez por nuestro carácter latino nos gusta el “cabreo” y echarle la culpa a los demás. Ahora todo el mundo está cabreado, algunos tienen razones sobradas para ello, pero otros muchos, no. La consecuencia es la pérdida de la confianza en nosotros mismos y en los demás junto con su aliado, el miedo. Reconozco que hay razones serias para tener miedo, porque hemos destruido valores importantes en nuestra sociedad, y ahora nos toca caminar con la cabeza baja, medio escondidos y, en muchos casos, solos. Pienso que hemos de mirar más allá de nuestro ombligo y ser capaces de descubrir en los demás aquellos valores que
deseamos para nosotros mismos, porque, en definitiva, estamos en el mismo barco.
Estas cosas que parecen tan sencillas, se presentan ahora como obstáculos insalvables porque no tenemos el coraje de reconocer nuestros errores y aprender de ellos. Pensamos que la verdad era nuestra y ahora tenemos que aceptar que la Verdad es una, pero no única y nosotros no tenemos la exclusiva. Los hombres y mujeres que viven en una permanente marginación, aquí y allí, siempre nos recordarán que, si los ignoramos, estaremos, una vez más, construyendo una sociedad injusta. Y antes o después nos lo demandarán.
Recuperemos el silencio interior en medio de tanto ruido. Nos ayudará a mirar más allá de los enfados y sinsabores de cada día. Hagamos de la Esperanza, que se edifica sobre la Fe en la Palabra, el motor de nuestra vida.
Un abrazo a todos.
Seguimos en comunión.
José Manuel B. Gándara
miércoles, 19 de octubre de 2011
Reportaje: Misión en Zambia.
El lema de este año del DOMUND es "Así os envío yo". Desde la diócesis de Tui-Vigo y desde ya hace más de una década, José Manuel Bernárdez Gándara vive en una aldea de Zambia donde realiza su enorme labor.
Aquí tenemos un vídeo en tres partes de un reportaje en la misión emitido en el programa "Pueblo de Dios" de TVE.
domingo, 8 de mayo de 2011
Noticias de Gándara
Ola a todos!
Saúdos desde Zambia. Por aquí de volta da Semana Santa a da semana da xuventude, que este ano cairon xuntas. Aquí o mes de abril é de vacacións para os estudiantes. Nós aproveitamos a última semana para ter convivencias de xuventude, pois por estas datas as chuvias xa prácticamente terminaron e hai comida da nova colleita. É polo tanto un bo tempo para convivencias, e nós aproveitamos para ter coa xuventude algo cada ano.
O domingo de Ramos fun a Kaminzekenzeke, aldea a uns 50 kms de Kasempa. Alí nos xuntamos uns 500. A procesión foi longa, e a paixón cantada, polo tanto botamos case que 5 horas na celebración. O consello eclesial preparou uns boniatos (sweet potatoes) e bebida de millo sen fermentar para rematar a celebración. Foi un día bonito. O mércores pola mañan cedo me fun para as aldeas más remotas. Alí tiven charlas en varias comunidades e confesións. O xoves tivemos a Cea do Señor nunha aldea na que se xuntaran varias comunidades, eramos moitos e no lavatorio dos pes unhas cantas mulleres foron escolidas para que tamén os seus pes foran lavados. Antes tivemos todo un diálogo sobre o tema, pois non é fáicl nin moito menos. Se o lavatorio o fai o encargado de liturxia, os homes fácilmente rexeitan que outro home lle lave os pes da súa muller, pois da orixe a celos!. Pero despois de falar o tema, fixen o lavado dos pes con 5 mulleres, 5 homes e 2 xóvenes e a cousa saiu ben. O Venres nesa mesma aldea tivemos viacrucis pola mañán e a Paixón pola tarde. A verdade é que prepararon ben as celebracións. O sábado pola mañán tivemos o sermón das 7 palabras e despois preparamos a vixilia pascual, na que houbo 69 bautizos: 24 de adultos, 32 de xóvenes e uns cantos nenos. Aquí o lume ten importancia especial e nesa noite se fai toda unha liturxia do lume, e do seu significado e uso na súa cultura. Ademáis o rito do bautismo resulta bonito e para acabar se usa a fariña como sinal de benvida aos novos. Vamos, que acabamos todos enfariñados. Con todo a misa durou 5 horas e algo máis, e todo de noite, que iso aquí ten un atractivo especial. O domingo tiven misa noutra aldea, dado que era Domingo de Pascua e non había rosca, polo menos tivemos xantar xuntos. Prepararon xantar para 100 persoas, mataron 6 pitos e os acompañamos de feixóns, repolo e enxima (que sempre é o 50% da comida) e xa me vin para Kasempa. 5 días a monte, pero bonitos, durmindo no chan e compartindo coa xente todo este tempo litúrxico. E sen tempo para repoñerme, tivemos a semana da xuventude. Había uns 600 xovenes, algúns deles camiñaran máis de 60 kms para vir. Aquí a xuventude ainda non ten sitio nesta cultura rural, empeza a telo agora. Despois da iniciación, un se fai adulto. A xuventude queda reducida a case nada, pero hoxe xa vai tendo importancia, ainda que se empeza moi cedo, aos 15 anos un xa é xove, e despois dos 25 xa é un vello-adulto! Alí tivemos formación de toda clase: desde os sacramentos (algo sempre necesario ao estar nun ambiente protestante que non valora a súa importancia) hasta violencia de xénero, e pasando por temas xuveniles, a situación da xuventude, celos.... Me vin o domingo despois da misa e estaba realmente cansado. Agora toca descansar un pouco. As chuvias xa estan a punto de rematar e dentro de pouco hai que empezar as actividades de novo.
E así é a vida por estes lares. Saudos para todos.
José Manuel Bernárdez Gándara
St. Andrew´s Mission
P.O. Box 120063
KASEMPA
ZAMBIA
jueves, 30 de diciembre de 2010
Abecedario para pensar
Queridos amigos e amigas:
Nestes días entrañables desde a lonxanía aproveito para desexarvos un bo Nadal a todos. O nacemento do Neno trouxo alegría para uns poucos no seu tempo, para moitos ao longo dos anos e para nós debe ser fonte de Esperanza nos nosos días. Él naceu pobre e na súa pobreza descubrimos o Amor de Deus. Que ese Amor nos faga estar sempre a beira dos que menos teñen e máis sufren no noso mundo.
Pedíanme dunha parroquia de Murcia hai un par de semanas un ABC(dario) para o 2011. Eu non son moi dado a estes xogos de palabras (tan típicos das sociedades saxonas). Algo tiña por ahí que me mandaran e me serviu de pista para formular este ABC que agora vos mando.
Bo Nadal.
Agradecer a Dios el habernos regalado las personas con las que convivimos.Feliz 2011 para todos.
Unha aperta.
José Manuel Bernárdez Gándara
Buscar el bien común por encima de los intereses personales.
Conocer los propios límites, aceptarlos con humildad y no creerse imprescindibles.
Dar lo mejor de uno mismo, poniéndose siempre al servicio de los otros.
Estimar a los otros sabiendo reconocer sus capacidades.
Facilitar las cosas dando soluciones y no creando más problemas.
Ganar la confianza de los otros compartiendo con ellos sus preocupaciones.
Heredar la capacidad de aquellos que saben ser sinceros con valentía y respeto.
Interceder por los otros a Dios, antes de hablarle de nuestras cosas.
Juzgar a los otros por lo que son, no por lo que tienen ni por lo que aparentan.
Limitar las ansias personales frente a las necesidades del grupo.
Llenarse con lo mejor que uno encuentra en el camino de la vida.
Mediar entre los compañeros que no se entienden.
Necesitar de los otros sin ningún prejuicio.
Olvidar el miedo al qué dirán dependiendo de la opinión de los demás.
Preocuparse por los más débiles o más necesitados.
Querer siempre el bien de las personas.
Respetar las opiniones de los demás, los derechos de las personas y de los animales.
Salir al encuentro del otro, no esperando que él dé el primer paso.
Tolerar los defectos y límites propios y ajenos con sentido del humor.
Unirnos todos para vivir en paz y armonía.
Valorarse con realismo sin creerse superior a los demás.
X es una incógnita que invita a la búsqueda constante de la Verdad con mayúscula.
Yuxtaponer ilusiones y esperanzas, trabajos y esfuerzos por crear fraternidad.
Zambullirse sin miedo en el nuevo día que Dios regala cada mañana.
domingo, 21 de noviembre de 2010
Carta de Gándara
Kasempa, 12 de novembro de 2010
Queridos amigos e amigas:
Saudos refrescantes desde Kasempa. Cun pequeno retraso estamos empezando a estación das chuvias. En teoría aquí agora é verán, pero é cando chove e o tempo refresca. É agora cando a xente cultiva, polo tanto este é un tempo de moita actividade, de colas para recoller os pagos do millo do ano pasado e para recoller o fertilizante e a semente para a nova temporada. Hai veces que nos bancos, hai dous en Kasempa, a xente pode esperar varias días, chegando incluso a semana. Tendo en conta que hai xente que ven de lonxe a espera faise desde logo inaguantable. Iso contado con que den pronto o vale para cobrar, que tamén ten as súas colas. Pero por aquí o millo é o que ten máis saida no mercado e polo tanto é o que a xente máis cultiva, ainda que por darse se da case que de todo e pouco o pouco a xente vai cultivando máis cousas. Agora xa é fácil ver xente cultivando patatas, pementos, allos, cenorias, aparte dos tropicais sorgo, mandioca, cocos, calabazas, cacahuetes, “mijo”, “mpwa”, occra, feixóns….
Por tradición os kaondeses teñen os campos lonxe das súas casas. A razón é que eles vivían entre os animais e polo tanto os campos tiñan que telos alonxados, e nesta época do ano se trasladan todos aos campos e abandoan as súas casas por 4 ou 5 meses. Esta tradición está moi arraigada neles e ainda que pouco a pouco se lles vai facendo ver as desvantaxes que ten, o caso é que ainda seguen co traslado. Hoxe en vez dos 40 kms de antes reducen a distancia a 10 ou 15 kms. Algo é algo.
Desde a última circular ata agora, este foi para mín un tempo dífícil, a morte de de meu pai e ter que ir a España fixo que ao final botara moito tempo fora da misión e iso me descentrou un pouco. Agora xa estamos metidos de cheo outra vez nas actividades de cada día.
NOVOS INQUILINOS
Desde o pasado mes de outubro temos con nós a dous voluntarios alemans. Dous rapces de 21 anos que están aquí para traballar cos xovenes durante un ano. Son dous rapaces cunha madurez extraordinaria e moi realistas e claros nos seus obxectivos. Desde logo non é fácil topar xente tan nova e coas cousas tan claras. E por suposto son alemans con todo o que iso quere dicir. |
A verdade é que para mín é unha experiencia bonita, vivir con xente doutras culturas sempre abre os horizontes e te fai máis comprensible. O noso carácter latino nos fai fillos da desconfianza e alérxicos a todo o institucional. E iso nos leva a posturas alonxadas de todo o que é institución, poder… e hoxe o mundo é dos organizados!!! Ese rasgo do carácter latino hai culturas as que lle queda moi lonxano. Desconfiar un pouco pode estar ben, pero vivir na desconfianza é perxudicial para case todo.
Sebas e Jojo son “task oriented” (orientados hacia a tarea) e polo tanto non perden moito tempo en discusións que non levan a ningunha parte. Seguro que disfrutaremos con eles. Xa o estamos facendo.
NOVA PARROQUIA EN KANKOLONKOLO
Por fin xa está en marcha a nova parroquia que para nós en Kasempa vai supoñer un pequeno alivio. O bispo nombrou a Gabi e Chus para a parroquia de Kankolonkolo. Aquí uns dicen que todo vai lento, outros que as cousas ainda non lle chegou o seu tempo e polo tanto o atraso é máis sicoloxico que real. Sea como sea o caso é que por fin as cousas xa están en marcha despois de varios intentos. É verdade que se o bispo non fora cambiado o ano pasado a estas alturas xa as cousas estarían máis avanzadas.
Eles por agora están vivindo nunha casa que arranxaron de xeito provisional e vivindo sin luz, indo ao pozo para buscar a auga, cociñando con carbón ao estilo tradicional…. Vamos como se empezan aquí as cousas e seguro que un día me tocará a mín, porque ainda quedan máis parroquias por abrir e porque para iso somos misioneiros.
Agora lles queda por diante escoller o sitio para edificar a nova casa dos curas, e por en marcha o resto de cousas. Entre tanto virán a Kasempa a miudo para descansar e ver algo a televisión, que aquí todo fai falta !!!
NON TODO É CRISE
As duas visitas a España este ano me fixeron consciente de ata onde chega a crise, pero o mesmo me comentaran amigos noutros países. Fai pouco me escribían uns amigos croatas e me falaban do mal que está o seu país.
Pero se teño que ser honesto e ainda que teño que repasar as contas para ver tódolos datos, o caso é que este ano eu recibín máis diñeiro ca nunca para proxectos.
En total recibín máis de 10.000 euros que no ano 2.008. E iso que non recibín ningunha axuda institucional.
Este ano foron diversos os proxectos levados a cabo aparte dos de sempre: becas, axuda aos leprosos, o das vacas, axuda aos enfermos do SIDA, e da construción de igrexas.
Este ano puxemos en marcha dous muiños e outro está xa de camiño. A verdade é que a xente está moi contenta con esta iniciativa e son xa diversas as peticións que recibimos para os próximos que poidamos comprar. Con eles matamos dous páxaros dun tiro: o tema de moer o millo xa non é agora cousa de mulleres no morterio. Traballo duro e monótono onde os haxa e ademáis co diñeiro que xeneran estamos axundándolle a orfos a pagar os seus estudios.
A verdade é que a xenerosidade da xente nunca deixa de sorprenderme. Gracias a todos vós porque sodes os que sementades esa xenerosidade entre a xente dando a coñecer o que por aquí facemos.
CONCLUSION
Aquí a lebre é o animal que representa a sabiduría. A súa astucia, intelixencia e rapidez están presente en tódolos contos kaondes. Nun deles desafiou a un hipopótamo e ser máis forte ca ela tirando dunha corda. Puxo ao hipopótamo a tirar da corda cun elefante e o hipopótamo perdeu. Pero a vida nun engaña. O hipopótamo non perdeu coa lebre, perdeu co elefante ¡!!
Na rexión noroeste de Zambia os novos elefantes e hipopótamos son as minas de Kansanshi e Lumwana. Elas son as que medran cada día cunha forza fora do normal. Lumwana xa é a segunda mina máis grande toda Africa ¡!!. Os investimentos que están a facer son impresionantes.
A pregunta é sempre a mesma. ¿terá a xente local a sabiduría e rapidez da lebre para quedarse con algo ou todo se irá para fora, para as mans dos pulpos planetarios? Non pintan nada ben as cousas e máis ben parece que hasta as migallas van a ser escasas. É fácil contentar a un pobre que nunca tivo nada. Pagándolle unha miseria xa lle parece moito para él, pero ¿ é esa a xustiza que queremos no noso mundo?
Por certo, nunha mina aquí en Kasempa hai traballando 200 chinos, e estes non veñen de vacacións. A xente lle descontan 3 euros por non ir a traballar os domingos. É fácil entender por qué en China non hai sindicatos.
E por hoxe nada máis. Estamos esperando a visita do novo bispo a Kasempa. Será un acontecemento dun especial interese para a xente e así o estamos preparando.
Seguimos en Comunión.
José Manuel Bernárdez Gándara
Suscribirse a:
Entradas (Atom)