Objetivo Plan Marco

Queremos anunciar, de modo renovado, la novedad transformadora de la Buena Noticia de Jesús a toda la comunidad educativa, desde el carisma vicenciano, como proyecto de vida personal y comunitario, y como un compromiso por la justicia y con los más pobres.




sábado, 19 de octubre de 2013

Novas da Misión de Gándara en Zambia

DIARIO DA MISIÓN       O ACCIDENTE: 11 DE OUTUBRO DO 2013

A visita de amigos ou familiares sempre me enche de ledicia. Faime sentir a cercanía do orixe, mata un pouco a morriña e trae o presente a forza da amistade. A visita de Suso Muñiz e Ignacio Albo (da Fundación Lusekelo) en plenos calores de outubro foi realmente un descanso para mín antes de trasladarme definitivamente a Kamakechi. Dado que tiñan poucos días, fomos primeiro a Livingstone a ver unas cataratass case vacías polo lado de Zambia (a auga neste mes cae polo lado de Zimbabue) pero sempre atractivas; e despois un safari polo parque de Chobe en Botswana ( a 50 kms de Livingstone) para ver as impresionates manadas de elefantes que nesta época se concentran cerca do río e son centos e centos os que alí se poden ver. Sen dúbida non hai sitio onde se vexan tantos elefantes xuntos, pero hai máis:  xirafas, hipopótamos, búfalos, waterbucks, impalas, cocodrilos, kudus, sables (ou palancas como lles chaman os portugueses)…e un sinfín de páxaros. Vamos que o pasamos ben e a pesar do calor eu descansei ben.

A volta de Livingstone e camiño de Kasempa, Ignacio se tivo que volver por asuntos persoais xurdidos a última hora. Durmimos en Lusaka o xoves día 10 e o 11 deste outubro e ás 6:30 da mañá do 11 Suso e eu poñémonos na carretera para chegar a Kasempa polo camino máis curto: o que pasa por Mumbwa e polo parque do Kafue. Cruzamos o río Kafue a iso das 10:30 pasadas e estamos a uns 110 kms de Kamakechi. Polo tanto deberíamos chegar alí sobre a 1 da tarde para facer o xantar, xa compráramos a carne, o espageti e o resto das cousas. O calor iba subindo de graos, a carretera de grava é un enorme atallo desde Lusaka a  Kasempa. Pola Copperbelt e Solwezi hai desde Lusaka a Kasempa 800 kms, pero por Munbwa hai só 425, dos que 270 son de terra). É unha carretera que uso a miudo e polo tanto non descoñecida, sei cales son as curvas perigosas, onde hai baches fondos, onde as pontes hai que atravesalas con coidado… todo iso o sabía e pasei por ahí incluso en plena estación de chuvias tomando as medidas pertintentes para evitar o máis mínimo dos problemas, pero ¿ qué me pasou neste día a iso das doce menos dez?
Me quedei durmido, e cando despertei coa voz de Suso o coche xa estaba fora da carretera, íbamos de frente a un pequeno árbore e din un voantazo para esquívalo e volvemos a carretera pero de lado, facendo un trompo. Todo foi moi rápido, eu case que non recordo nada. Me lembro da voz de Suso preguntando onde estaba eu, resulta que eu esaba debaixo del pegado ao voante. Saimos polo parabrisas como poidemos e sin saber qué fora o que realmente pasara. A sorte foi grande ( o panel solar que traiamos quedou intacto), a desgracia tampouco foi pequena. Nunca me pasara algo así de quedarme dormido ao voante. Botarlle a culpa a carretera (había un bache profundo por alí), a temperatura (estábamos rondando os 35 graos), ao cansancio (xa o día anterior fixeramos un boa kilometrada) non vai levarme a sitio algún. Tampouco sirve de moito o saber que a velocidade era duns 65 kms por hora. Terei que aprender do pasado, pois toda desgracia ou sufrimento ten leccións que nos poden servir para o futuro se as asumimos positivamente. Os golpes quedaron en pouco: Suso ten unha ferida no brazo esquerdo como resultado de romper a ventana, e eu dín contra a palanca de marchas e me doía un pouco o lado esquerdo da cabeza. Ahí tivemos realmente sorte.


Despois viu case o peor: as moscas de tódalas clases, sobre todo unas pequenas que lle chaman “tubulubulu” e que son realmente fastidiosas. Suso levou a peor parte pola ferida. Tiñamos bebida e iso nos refrescou nunha espera interminable. As horas pasaban e non viña coche algún. Xusto eses días era a ceremonia da tribu Kaonde e polo tanto poucos coches se podían esperar. Desde as 12 menos dez ata as 3 e media da tarde Suso e eu pasamos o tempo como poidemos. Eu xa non me lembro nin do que fixen. A iso das 3 e media tivemos que empezar a pensar na noite. Os ríos Kafue (que xa cruzáramos) e o Lunga (que está a 40 kms de onde tivemos o accidente) se cruzan en ferry e pechan as 6 da tarde. Polo tanto cabería a posibilidade de que non viñeran máis coches ou a forte probabilidade de que tiveramos que pasar alí a noite. Polo tanto empezamos a buscar leña, pois esa zona, Lupemba, é zona de moitós animais, hienas e leóns incluidos e polo tanto había que empezar a buscar defensa, e nada mellor que facer lume. Por suposto na zona non hai cobertura nin algo que se lle pareza.  Para colmo ningún dos gardas dos parque pasou por alí naquelas catro horas interminables.

Finalemente viu un coche e poidemos mandar recado ata Jifumpa, ao pouco viu tamén un camión e iso aliviou a nosa angustia. Nos axudaron a poñer o coche de pe, e resulta que encendía! Pero a roda esquerda de atrás estaba completamente destrozada. Nisto viu outro coche co catequista de Jifumpa e de seguido viu o Land Cruiser d ministerio de sanidade de Kasempa e eles xa se tomaron o tema en serio o de levarnos a Kasempa. Primeiro pensábamos levar o coche ata o río Lunga, pero ao ver que podía seguir decidimos ir ata Kasempa. A parte final tivo que ser remolcado porque alguna tubería estaba rota. Chegamos a Kasempa e Suso puido ser atendido do brazo case 10 horas despois do accidente! Fixeronlle a cura en plan tan bruto que cando chegou a casa ainda se lle vei nos ollos todo o que sufrira. O día seguinte fomos a facer o chequeo médico, informes da policía e todo un montón de papeis que houbo que encher para case nada.

E todo isto cando me estaba recuperando do mazazo que supuxo a morte do catequista de Kamakechi, que decidiu poñer fin a súa vida por culpa dos celos da muller. Outro capítulo que merece comentario aparte. Eu estaba moi unido a él, era sen dúbida un dos pilares da nova misión e esa morte, ainda que eu xa sabía dos problemas, me deixou moi tocado por uns días.

Agora falta arranxar o coche. Básicamente é chapa e pintura o que necesita, pero iso aquí é caro, a ver si me botades unha man e damos arranxado o coche para entregarllo en boas condicións ao novo cura de Kasempa. O coche de Kamakechi xa está no país. Están arranxando os papeis. Estará listo nun par de semanas.
(escrito o sábado día 19 de outubro, víspera do Domund)

A vida é así e así hai que contala.
Unha aperta para todos e que o Señor nos acompañe sempre.
Seguimos en Comunión.
José Manuel Bernárdez Gándara
Kamakechi Mission
P.O. Box 120063
KASEMPA
ZAMBIA

1 comentario: