Objetivo Plan Marco

Queremos anunciar, de modo renovado, la novedad transformadora de la Buena Noticia de Jesús a toda la comunidad educativa, desde el carisma vicenciano, como proyecto de vida personal y comunitario, y como un compromiso por la justicia y con los más pobres.




lunes, 25 de noviembre de 2013

Sensibles coa Violencia de Xénero

Imaxe do cartel co que participou o grupo de 2ºESO  na exposición de carteis sobre a Violencia de Xénero.
Tamén tomaron parte na creación do Tapiz Humano na rúa Urzáiz da nosa cidade.


Web das actividades http://blog.enlazavigo.com/


Arredor de 1.600 alumnos e alumnas dun total de 22 centros de ensino secundario de Vigo participaron na creación do Tapiz humano este luns, 25 de novembro, co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Aínda que o compromiso do alumnado non remata aquí xa que unha trintena de centros aportaron a esta iniciativa os traballos artísticos realizados nas aulas e que conforman a Exposición colectiva que se pode visitar na rúa do Príncipe do 21 ao 27 de novembro.
O tramo da rúa Urzáiz comprendido entre a Farola e a rúa República Arxentina foi o escenario na mañá do día 25 da formación dun gran tapiz humano que simboliza o rexeitamento da cidade de Vigo á violencia machista. O alumnado vigués participou dun xeito activo, desde a súa chegada ao punto de encontro (farola de Urzáiz) e ata o momento de crear o tapiz humano, en diversas actividades lúdicas e reivindicativas que reflicten as distintas expresións artísticas e deportivas que practica a mocidade.
Pola súa parte, centos de alumnas e alumnos participaron  na Exposición colectiva da rúa Príncipe unha trintena de traballos que abranguen diversas expresións artísticas, como pintura, debuxo, collage, graffiti ou textos. O alumnado vigués  amosa nesta actividade, ademais dunha gran concienciación sobre o problema da violencia contra as mulleres, unha gran creatividade e orixinalidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario