Saúdos desde Zambia. Por aquí de volta da Semana Santa a da semana da xuventude, que este ano cairon xuntas. Aquí o mes de abril é de vacacións para os estudiantes. Nós aproveitamos a última semana para ter convivencias de xuventude, pois por estas datas as chuvias xa prácticamente terminaron e hai comida da nova colleita. É polo tanto un bo tempo para convivencias, e nós aproveitamos para ter coa xuventude algo cada ano.
O domingo de Ramos fun a Kaminzekenzeke, aldea a uns 50 kms de Kasempa. Alí nos xuntamos uns 500. A procesión foi longa, e a paixón cantada, polo tanto botamos case que 5 horas na celebración. O consello eclesial preparou uns boniatos (sweet potatoes) e bebida de millo sen fermentar para rematar a celebración. Foi un día bonito. O mércores pola mañan cedo me fun para as aldeas más remotas. Alí tiven charlas en varias comunidades e confesións. O xoves tivemos a Cea do Señor nunha aldea na que se xuntaran varias comunidades, eramos moitos e no lavatorio dos pes unhas cantas mulleres foron escolidas para que tamén os seus pes foran lavados. Antes tivemos todo un diálogo sobre o tema, pois non é fáicl nin moito menos. Se o lavatorio o fai o encargado de liturxia, os homes fácilmente rexeitan que outro home lle lave os pes da súa muller, pois da orixe a celos!. Pero despois de falar o tema, fixen o lavado dos pes con 5 mulleres, 5 homes e 2 xóvenes e a cousa saiu ben. O Venres nesa mesma aldea tivemos viacrucis pola mañán e a Paixón pola tarde. A verdade é que prepararon ben as celebracións. O sábado pola mañán tivemos o sermón das 7 palabras e despois preparamos a vixilia pascual, na que houbo 69 bautizos: 24 de adultos, 32 de xóvenes e uns cantos nenos. Aquí o lume ten importancia especial e nesa noite se fai toda unha liturxia do lume, e do seu significado e uso na súa cultura. Ademáis o rito do bautismo resulta bonito e para acabar se usa a fariña como sinal de benvida aos novos. Vamos, que acabamos todos enfariñados. Con todo a misa durou 5 horas e algo máis, e todo de noite, que iso aquí ten un atractivo especial. O domingo tiven misa noutra aldea, dado que era Domingo de Pascua e non había rosca, polo menos tivemos xantar xuntos. Prepararon xantar para 100 persoas, mataron 6 pitos e os acompañamos de feixóns, repolo e enxima (que sempre é o 50% da comida) e xa me vin para Kasempa. 5 días a monte, pero bonitos, durmindo no chan e compartindo coa xente todo este tempo litúrxico. E sen tempo para repoñerme, tivemos a semana da xuventude. Había uns 600 xovenes, algúns deles camiñaran máis de 60 kms para vir. Aquí a xuventude ainda non ten sitio nesta cultura rural, empeza a telo agora. Despois da iniciación, un se fai adulto. A xuventude queda reducida a case nada, pero hoxe xa vai tendo importancia, ainda que se empeza moi cedo, aos 15 anos un xa é xove, e despois dos 25 xa é un vello-adulto! Alí tivemos formación de toda clase: desde os sacramentos (algo sempre necesario ao estar nun ambiente protestante que non valora a súa importancia) hasta violencia de xénero, e pasando por temas xuveniles, a situación da xuventude, celos.... Me vin o domingo despois da misa e estaba realmente cansado. Agora toca descansar un pouco. As chuvias xa estan a punto de rematar e dentro de pouco hai que empezar as actividades de novo.
E así é a vida por estes lares. Saudos para todos.
José Manuel Bernárdez Gándara
St. Andrew´s Mission
P.O. Box 120063
KASEMPA
ZAMBIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario